Saltar ao contido

Portada

De Kidspedia
Benvido a Kidspedia!
Á enciclopedia Wiki en galego para nenos.
Hoxe Modelo:Epentesi kalkulagailua {{ #switch: 05 1 = xaneiro 2 = febreiro 3 = marzo 4 = abril 5 = maio 6 = xuño 7 = xullo 8 = agosto 9 = setembro 10 = outubro 11 = novembro 12 = decembro

}} de 22{{ #switch: 22

11 31 = #default = a

}}{{#ifeq: | idade |  Modelo:Idade | }}, xoves é e
27 artigos temos.

Que é Kidspedia?

Kidspedia é unha enciclopedia galega para nenos de 7 a 15 anos, creada con vocabulario e sintaxe adecuados para esta franxa de idade, nun galego claro e sinxelo, especialmente adaptado ás necesidades escolares infantís. Ademais, a nosa intención é que os nenos galegos desta idade participen na creación de Kidspedia escribindo artigos que lles interesen, quizais coa axuda dos seus profesores, contribuíndo con temas que poidan ser útiles para a escola. Para máis información, preme aquí.

Para que serve Kidspedia?

Kidspedia está destinada a nenos de 7 a 15 anos, creada pensando nas necesidades escolares, pero non só para iso. De feito, queremos que sexa unha especie de Wikipedia escrita en galego sinxelo, e, deste xeito, tamén pode ser útil para adultos que están a aprender galego. Calquera pode consultala, xa que queremos que haxa artigos fáciles de ler e entender. Pretendemos que Kidspedia sexa unha versión máis breve e accesible de Wikipedia, dado que, ás veces, os artigos en Wikipedia poden ser longos, complexos e difíciles de seguir.

Quen fai Kidspedia?

Calquera pode participar no proxecto wiki de Kidspedia, escribindo, modificando ou completando artigos, engadindo ou corrixindo información. Para iso, é necesario abrir unha conta, pero é moi sinxelo. Por suposto, sempre hai que respectar os dereitos de autor ou utilizar un aviso de exención de responsabilidade ao final da páxina ou empregando resumos de edición.